A Xunta participa na presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba Sub 21, que se disputará en xullo en Ourense

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do Campionato de España de Hóckey Herba de Seleccións Autonómicas Sub 21 nas categorías masculina e feminina. A competición, que se desenvolverá na fin de semana do 4 e do 5 de xullo nas instalacións de Mariñamansa (Ourense), conta co apoio da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2026