A Xunta reedita a súa colaboración con Futbolinlugo nun novo ‘All Star’ do fútbol base na Pastoriza

Lugo, 22 de xuño de 2026.

A Xunta de Galicia colabora de novo con Futbolinlugo na organización do All Star, que se disputará o sábado 27 de xuño, segundo confirmou hoxe o delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, durante a presentación do torneo na Delegación Territorial.

Esta sexta edición terá lugar no campo do Acebreiro, en Pastoriza, e contará coa participación de catro combinados de distintas categorías do fútbol base provincial. Abrirá a xornada ás 16:30 horas o partido feminino que enfrontará a Lugo Norte e Lugo Sur, e desde as 19:45 horas disputarase o encontro masculino entre o equipo formado polos xogadores de Preferente-Terceira Galicia e os de Primeira-Segunda Galicia. Durante a tarde celebraranse tamén actos de homenaxe, concursos e outras actividades.

 

Villares destacou que Futbolinlugo, como medio de comunicación dixital especializado en fútbol base, “contribúe ao desenvolvemento do deporte local, dando visibilidade aos deportistas e servindo de estímulo aos máis novos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/06/2026