A ambulancia terá base no concello de Ribeira

O vindeiro 1 de xullo a Xunta porá en funcionamento a nova ambulancia medicalizada para O Barbanza

Coa súa posta en marcha, o Goberno galego dá cumprimento ao compromiso adquirido coa cidadanía

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2026

O vindeiro día 1 de xullo a Xunta porá en funcionamento a nova ambulancia medicalizada para O Barbanza, que terá a súa base no concello de Ribeira.

Con esta medida, o Goberno galego dá cumprimento ao compromiso adquirido coa cidadanía de poñer en marcha este novo dispositivo asistencial na comarca, mellorando así a atención ás urxencias tempo-dependentes.

Máis concretamente, a nova ambulancia permitirá mellorar a asistencia a máis de 75.000 veciños e veciñas dos concellos de Rianxo, Boiro, Ribeira, O Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Data de actualización: 28/06/2026