A Xunta apoia en Vigo a campaña ‘O teu verán en Zona Náutico’ no marco das axudas aos centros comerciais abertos para impulsar o consumo de proximidade

Vigo, 1 de xullo de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron hoxe á presentación da campaña O teu verán en Zona Náutico, organizada polo Centro Comercial Aberto Zona Náutico e apoiada polo Goberno galego ao abeiro das axudas a este tipo de entidades, dotadas con 2,5 M€ neste 2026. Alí, destacou a implicación dos establecementos asociados nesta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade, animando á clientela a mercar deica o día 15 deste mes e a subir os seus tíckets na aplicación da asociación para poder optar ao sorteo de  5 tarxetas de 100 € previstas para gastar nos comercios integrados no CCA.

Gabriel Alén aproveitou para salientar o compromiso autonómico coa excelencia dos centros comerciais abertos no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, situándoos como axentes primordiais de interlocución no eido do comercio local. Puxo en valor, así mesmo, as numerosas actividades promovidas desde o CCA Zona Náutico co gallo de fidelizar a clientela e consolidar o consumo no comercio vigués. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2026