A Xunta apoia a ‘Noite Meiga’ de Sarria, que celebra este verán a primeira edición como Festa de Interese Turístico Galego
Sarria (Lugo), 1 de xullo de 2026
A Xunta apoia a Noite Meiga de Sarria, que celebra a última fin de semana de agosto a súa 54ª edición, a primeira tras ser recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na presentación da cita xunto con membros da asociación Meigas e Trasgos, organizadores do evento; a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López; e representantes doutras entidades involucradas.
Villares subliñou a singularidade desta celebración e o arraigo que ten entre a veciñanza. Tamén destacou que a declaración como Festa de Interese Turístico galego abre novas posibilidades de promoción e impulso da actividade turística na zona.