Medio Rural avalía novas liñas de colaboración en materia forestal co Concello de Forcarei

Forcarei (Pontevedra), 2 de xullo de 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe coa alcaldesa do concello pontevedrés de Forcarei, Belén Cachafeiro, na que avaliaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración conxunta en materia forestal.

De xeito concreto, estudaron iniciativas para impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta neste municipio. Así, Luisa Piñeiro amosou a súa vontade por seguir impulsando este tipo de asociacións, que presentan importantes vantaxes para o monte galego. Neste contexto, lembrou que, despois das diferentes liñas de axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural para fomentar este tipo de asociacións, está prevista a creación de arredor de 40 novas, chegando así a un total de 65 rexistradas na comunidade. Unha delas é a agrupación de xestión forestal conxunta de Filloi, localizada no concello de Forcarei, que abrangue unha superficie de 69 hectáreas e concentra a 20 particulares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2026