Miguel Corgos visita o Corazón da Artesanía no XIII Encontro dos Pendellos de Agolada

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou o Corazón da Artesanía de Galicia, no marco do tradicional encontro que se celebra nos Pendellos de Agolada.

Esta cita xa imprescindible dentro do calendario de eventos artesanais, naceu co obxectivo de darlle visibilidade aos oficios tradicionais, favorecer a comercialización do produto artesanal galego e fomentar a colaboración con ámbitos como a arquitectura, a moda, o deseño, a música ou a gastronomía. O Goberno galego recoñece o papel deste encontro como motor de emprego, dinamización socioeconómica, preservación do patrimonio cultural e atractivo turístico para Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/07/2026