A Xunta adxudica por máis de 3 M€ a contratación da obra do novo centro de datos do Complexo Hospitalario de Ferrol

Construirase na zona este do edificio do Hospital Arquitecto Marcide, no soto -2

O novo centro estará interconectado co actual servizo de xeito provisional ata facer a migración definitiva

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de adxudicar por un importe de 3.030.211,47 euros, a contratación da obra do novo centro de datos do Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF).

A empresa que resultou adxudicataria foi Extraco Construccións e Proxectos S.A.

Deste xeito, construirase na zona este do edificio do Hospital Arquitecto Marcide, no soto -2. Mentres, o actual centro de procesamento de datos permanecerá operativo ata que migren todas as conexións ao novo.

O proxecto prevé unha interconexión entre ambos, de xeito provisional, para poder facer a migración, que en calquera caso deberá executarse co hospital funcionando e con todos o seus servizos operativos de xeito permanente.

O prazo de execución desta obra no hospital ferrolán é de dez meses.

Data de actualización: 06/07/2026