A Xunta recibe aos participantes da nova edición do programa Escolas Abertas enfocado a difundir a cultura galega no exterior

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela - Rosalía de Castro aos participantes do programa Escolas Abertas 2026, dedicado á difusión da cultura galega no exterior e que se desenvolverá desde mañá ata o 20 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Na edición deste ano, 50 profesores de entidades galegas do exterior recibirán formación especializada relacionada co baile e a música tradicional galega.

Neste contexto, Antonio Rodríguez Miranda subliñou que cada participante de Escolas Abertas se converte nun embaixador da cultura galega no mundo. Neste sentido, o alumnado participante nesta iniciativa é á súa vez formador en centros galegos do exterior e deste xeito o Goberno galego busca garantir a participación da cidadanía galega no exterior tanto na vida social como na vida cultural de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/07/2026