A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Cerdido

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Cerdido, Alberto Javier Rey.

Neste encontro que tivo lugar en San Caetano, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas e posibles vías de colaboración co municipio coruñés.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2026