A Xunta reforza a súa colaboración cos concellos de Carballeda de Avia e A Peroxa para a mellora do seu rural

Ourense, 12 de xullo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta pasada semana cadansúa reunión cos alcaldes de Carballeda de Avia, Luis Milia, e da Peroxa, Manuel Seoane.

As xuntanzas serviron para avanzar na colaboración a prol do rural de ambos municipios ourensáns, en particular no que atinxe á mellora de infraestruturas como os camiños municipais, así como tamén nos eidos do desenvolvemento rural, a xestión forestal e a prevención de incendios, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2026