A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilasantar

A Coruña, 14 de xullo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez Fernández.

Neste encontro, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse convenios de colaboración para mellorar infraestruturas municipais.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2026