Allegue asiste á tradicional procesión da Virxe do Carme no concello de Marín

Marín (Pontevedra), 16 de xullo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asistiu esta tarde á procesión da Virxe do Carme no concello de Marín. Allegue participou na ofrenda floral previa que se celebrou no Concello marinense e posteriormente na tradicional procesión marítima en honor da patroa dos mariñeiros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2026