Portos de Galicia encarga a retirada do camión incendiado en Ribeira con máxima celeridade, logo da autorización xudicial
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
Portos de Galicia encargou a retirada nas próximas horas do camión abandonado na explanada do porto de Ribeira (A Coruña) que resultou calcinado nun incendio o pasado 21 de maio. O ente público xestionou de xeito inmediato cunha empresa autorizada a retirada do vehículo, que se realizará previsiblemente esta tarde, unha vez que o xulgado acaba de retirar o precinto que tiña decretado sobre el.
Portos de Galicia cumpre así co compromiso acadado co Concello e os usuarios do porto de Ribeira na recente visita da presidenta do ente público, Natalia Botana, ás instalacións portuarias. Neste encontro co alcaldesa, María Sampedro, e o patrón maior, José Antonio Pérez, a presidenta de Portos trasladou que para o ente público sería prioritaria a retirada do vehículo unha vez que contase con autorización xudicial para elo. Deste xeito recupérase o espazo da explanada do porto, eliminándose riscos de seguridade e ambientais e aportando maior limpeza ao espazo, que acollerá ademais nos vindeiros días as festas da localidade.