María José Gómez salienta a XXXII Festa da Terceira Idade de Guntín como axente dinamizador do rural
2026-07-22
/documents/35297/2210436/20260722_ConseMR_Festa_TerceiraIdade_Guntin.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Guntín (Lugo), 22 de xullo de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este mediodía á XXXII Festa da Terceira Idade de Guntín, celebrada no polideportivo do CPI Tino Grandío. Alí, reuniuse coa veciñanza desta localidade lucense e destacou a importancia deste evento, consolidado como un punto de encontro para a xente da zona e que contribúe a dinamizar a vida social da contorna.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 22/07/2026