Belén do Campo asiste á presentación da campaña “Unha vista única. Coídaa” para promover a observación segura do eclipse solar do 12 de agosto

A campaña lembra que nunca se debe mirar directamente ao Sol sen a protección homologada axeitada, xa que facelo pode provocar lesións graves e permanentes nos ollos

A Coruña, 27 de xullo de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu hoxe hoxe á presentación da campaña de sensibilización «Unha vista única. Coídaa», impulsada polo Grupo Social ONCE co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a importancia de protexer a saúde visual durante a observación dos eclipses solares e que tivo lugar no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

A iniciativa cobra especial relevancia ante o eclipse solar do vindeiro 12 de agosto, un fenómeno astronómico de grande interese científico que require adoptar medidas de prevención para evitar danos irreversibles na visión.

A campaña lembra que nunca se debe mirar directamente ao Sol sen a protección homologada axeitada, xa que facelo pode provocar lesións graves e permanentes nos ollos. Neste sentido, faise fincapé no uso exclusivo de lentes específicas e homologadas para a observación de eclipses que cumpran coa normativa de seguridade.

No transcurso da presentación, presentouse o cupón conmemorativo dedicado á campaña, que sairá á venta a partir de mañá mércores, e coas lentes de observación do eclipse, co propósito de reforzar visualmente a mensaxe de prevención e sensibilización. A ONCE repartirá 2 millóns de gafas entre os cidadáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/07/2026