A Xunta pon en valor a iniciativa 'Xente Nova XEA' para fortalecer os vencellos da mocidade co comercio de proximidade en Ames

Ames (A Coruña), 30 de xullo de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da campaña Xente Nova XEA, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Empresarios de Ames (XEA) co apoio da Xunta para fomentar a participación da mocidade e dinamizar o comercio e a hostalaría locais.

A campaña, que se desenvolverá o vindeiro 5 de setembro, consistirá nunha xincana urbana na que mozas e mozos de entre 16 e 30 anos percorrerán distintos establecementos do municipio superando retos e probas, ao tempo que descubrirán a oferta comercial e hostaleira de Ames. A iniciativa complétase cun concurso de creación de contidos para redes sociais e cun sistema de premios en bonos para consumir nos negocios participantes. Durante a presentación, Gabriel Alén salientou o valor desta iniciativa para conectar coa mocidade a través de formatos innovadores e participativos, ao tempo que contribúe a poñer en valor o comercio de proximidade, impulsar o consumo local e fortalecer o vínculo das novas xeracións co tecido empresarial do municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/07/2026