A Xunta participa na presentación da curtametraxe documental ‘Silencio’, que enxalza legado dunha moza ribadense e o valor da música

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que ofrecen referentes femininos ás novas xeracións

Ribadeo (Lugo), 2 de agosto do 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participou esta tarde na preestrea da curtametraxe Silencio, unha peza na que se narra a vida e o legado de Almudena Pulpeiro, unha moza falecida nun accidente de tráfico e que era trompista na Banda Municipal de Ribadeo.

No acto, no que estivo acompañada do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, a directora xeral puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas, que axudan a construír referentes femininos para as novas xeracións, neste caso no eido musical.

A curtametraxe documental, dirixida por Cris Andina e Saamira Ganay, pon o foco na memoria, a resiliencia e na capacidade da arte para manter vivo o recordo dunha persoa. A música actúa como fío condutor dun relato sobre a ausencia e o legado familiar.

Data de actualización: 02/08/2026