A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto
2026-08-03
/documents/35297/2232323/20260803_Conselleira_Vivenda_Boimorto-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, na que abordaron posibles actuacións para a mellora viaria do entronque da estrada AC-840 coa praza do Concello. Nesta reunión tamén estivo a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire.
A Xunta segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 03/08/2026