Medio Rural avanza na reestruturación de terras no concello de Vimianzo
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa do concello coruñés de Vimianzo, Mónica Rodríguez, con quen avaliou novas iniciativas para avanzar na reestruturación de terras neste municipio.
En relación cos procesos de reestruturación parcelaria existentes na localidade, a directora xeral sinalou que nestes momentos, e durante os vindeiros catro meses, se están a levar a cabo as correccións de cartografía para, posteriormente, poder elaborar os títulos da propiedade, para os cales se prevé un prazo estimado de tres meses. Na xuntanza estudaron tamén posibles vías de colaboración para impulsar de xeito conxunto a mellora das infraestruturas da localidade co apoio da Consellería.