O delegado da Xunta visitou esta mañá o concello de Ribadavia, un dos 8 municipios da provincia de Ourense que resultaron beneficiados da liña de subvencións
Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta coa normalización lingüística a nivel local
O delegado da Xunta salientou que a estas axudas, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude están en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua e na actualización do Plan de normalización da lingua galega
Na provincia, foron os concellos do Carballiño, o Barco de Valdeorras, Ourense, Barbadás, Celanova, Ribadavia e o agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Boborás, os beneficiarios de esta orde de axudas da Xunta, que no caso da capital do Ribeiro recibiu 2.240 euros
Explicou Manuel Pardo que as partidas irán destinadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación
Ourense, 6 de agosto de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, César Fernández, o concello de Ribadavia, un dos 8 municipios da provincia de Ourense que resultaron beneficiados da liña de subvencións vencelladas á promoción da lingua e destinada a fomentar servizos lingüísticos nas entidades locais e nas agrupacións de municipios.
O delegado da Xunta salientou que a estas axudas, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, responden ao seu compromiso co apoio á normalización lingüística a nivel local, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua e na actualización do Plan de normalización da lingua galega. Deste xeito, o Goberno autonómico apoia a posta en marcha e mellora dos servizos neste eido nos distintos concellos, tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto máis directo coa cidadanía.
Na provincia, foron os concellos do Carballiño, o Barco de Valdeorras, Ourense, Barbadás, Celanova, Ribadavia e o agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Boborás, os beneficiarios de esta orde de axudas da Xunta, que no caso da capital do Ribeiro recibiu 2.240 euros.
Explicou Manuel Pardo que as partidas irán destinadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación, tanto a nivel interno como externo. A achega tamén será aplicable cando se trate de manter un servizo xa existente, centrándose neste caso en reforzar as súas iniciativas e á incorporación de máis persoal técnico para atender mellor ás necesidades.
Deste xeito, ao abeiro destes servizos, desenvolveranse proxectos que impliquen a realización de accións e campañas de dinamización lingüística, ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais. A isto engádeselle o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos.