Villaverde reúnese coa Confraría de Camelle dentro da escoita activa ao sector
2026-08-07
/documents/35297/2232335/20260807VillaverdeConfrariaCamelle+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Camariñas (A Coruña), 7 de agosto de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse hoxe cos representantes da Confraría de Pescadores de Santa Mariña de Camelle nas instalacións do pósito coruñés, no marco da escoita activa que mantén co sector.
A Consellería mantén un contacto permanente coas distintas confrarías e organizacións de produtores galegas para coñecer, de primeira man, os seus retos de futuro.
Data de actualización: 07/08/2026