Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Quedou controlado, ás 22,48 horas de onte, o incendio rexistrado no concello de Rodeiro, parroquia de Carboentes, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 20 hectáreas

Segue estabilizado, desde as 00,50 horas de onte, o lume da parroquia de Arnego, no mesmo municipio pontevedrés de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada

Permanece controlado, desde as 21,42 horas de onte, o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 120 hectáreas

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08,30 horas de hoxe.

PONTEVEDRA

Controlado Rodeiro-Carboentes

Ás 22,48 horas de onte quedou controlado o incendio iniciado ás 16,03 horas do sábado na parroquia de Carboentes, no concello de Rodeiro. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Rodeiro-Arnego

Segue estabilizado, desde as 00,50 horas de onte, o outro incendio forestal do concello de Rodeiro, parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado ás 15,59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 15 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións.

OURENSE

Controlado Baltar-Garabelos

Permanece controlado, desde as 21,42 horas de onte, o incendio iniciado o sábado ás 12,21 horas no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 14 axentes, 31 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 10/08/2026