Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe
Deuse por extinguido ás 19,42 horas de hoxe o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que afectou finalmente unha superficie de 138,82 hectáreas
Está extinguido desde ás 19,50 un conato rexistrado na localidade de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
Quedou controlado ás 19,58 horas de hoxe o lume do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Arnego, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada
Continúa controlado dende as 22,48 horas de onte, o incendio rexistrado na parroquia de Carboentes, no mesmo municipio de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 20,30 horas de hoxe.
PONTEVEDRA
Controlado Rodeiro-Arnego
Quedou controlado ás 19,58 horas de hoxe o incendio forestal do concello de Rodeiro, parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado ás 15,59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 19 axentes, 29 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións.
Controlado Rodeiro-Carboentes
Continúa controlado dende as 22,48 horas de onte o incendio iniciado ás 16,03 horas do sábado na parroquia de Carboentes, tamén no concello de Rodeiro. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 15 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
OURENSE
Extinguido Randín-Calvos de Randín
Ás 19,50 horas quedou extinguido un conato rexistrado no municipio ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O lume comezou hoxe ás 18,17 horas e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba.
Extinguido Baltar-Garabelos
Deuse por extinguido ás 19,42 horas de hoxe o incendio iniciado o sábado ás 12,21 horas no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo. Este lume afectou finalmente unha superficie de 138,82 hectáreas, das cales 82,82 corresponden a arborado e as 56 restantes a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 15 axentes, 33 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.