Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Quedou extinguido ás 21,47 horas de onte o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Arnego, que finalmente afectou 25,72 hectáreas, das cales 14,74 corresponden a monte arborado e as restantes 10,98 a raso
Permanece controlado dende as 22,48 horas de onte o incendio rexistrado na parroquia de Carboentes, no mesmo municipio de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08,30 horas de hoxe.
PONTEVEDRA
Extinguido Rodeiro-Arnego
Ás 21,47 horas de onte deuse por extinguido o incendio forestal do concello de Rodeiro, parroquia de Arnego, que se iniciou o sábado ás 15,59 horas. Este lume afectou finalmente unha superficie de 25,72 hectáreas, das cales 14,74 corresponden a monte arborado e as restantes 10,98 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 19 axentes, 29 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións.
Controlado Rodeiro-Carboentes
Permanece controlado dende as 22,48 horas do domingo o incendio iniciado ás 16,03 horas do sábado na parroquia de Carboentes, tamén no concello de Rodeiro. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 18 axentes, 30 brigadas, 29 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.