A Xunta impulsa un proxecto para por en valor a madeira galega na fabricación de instrumentos musicais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou as posibilidades que ofrece o produto local e a necesidade de promover este tipo de programas que conxugan investigación e innovación

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026

A Xunta de Galicia segue dando pasos para por en valor o potencial da madeira galega e as súas diferentes aplicacións. A última iniciativa impulsada a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) leva por nome Guitarra, son de madeira galega e deuse a coñecer durante a celebración da última edición do ciclo Música no Claustro, que tivo lugar a semana pasada na Catedral de Tui.

O proxecto contempla o estudo e construción dunha guitarra elaborada con madeiras galegas. Para elo, explicou o director da Xera, Alfredo Fernández Ríos, celebrouse xa unha primeira xornada de traballo na que se analizaron as posibles madeiras a empregar. Nas seguintes fases se realizará unha labor de deseño e documentación do produto seleccionado e o comportamento acústico do instrumento para, finalmente, divulgar os resultados acadados.

Os encargados de dirixir esta nova proposta da Xera é o equipo do Laboratorio de cordas, formado polos luthiers galegos José Catoira e Pablo Sánchez. Ambos contarán co apoio  do músico e investigador Samuel Diz, e da xestora cultural e comunicadora audiovisual, ademais de directora do postcast Resonancias, Beatriz Fontán.

Fernández Ríos destacou que Guitarra, son de madeira galega busca valorizar o produto local como recurso, ao tempo que promove a creación contemporánea, a innovación e a transmisión do patrimonio cultural.  Os avances no proxecto daranse a coñecer no último trimestre do ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/08/2026