ADOS fai un chamamento á doazón de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo, e píde a colaboración da cidadanía
Estes grupos sanguíneos amosan niveis baixos, especialmente este último, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2026
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo.
As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias ao longo de todo o ano.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
|
DATA |
CONCELLOS |
|
Mércores 19 de agosto |
Ortigueira, A Laracha, Os Mallos (A Coruña), Negreira, Praza Roxa (Santiago), Zona da Ferraría (Pontevedra), Nigrán, Rúa Príncipe (Vigo), Praza Maior (Lugo), Ribadavia. |
|
Xoves 20 de agosto |
San Sadurniño, Cambre, Cantón-Obelisco, Santa Comba, Ribeira, Vilalonga (Sanxenxo), Salvaterra do Miño, Chapela (Redondela), Monforte de Lemos, Pobra de Trives. |
|
Venres 21 de agosto |
Cariño, Sada, Coristanco, Boiro, O Pino, A Estrada, Tui, Balaídos, Vilalba (Lugo), Xinzo de Limia. |
|
Sábado 22 de agosto |
Ordes, Boiro, A Estrada, Tui, Vilalba (Lugo). |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
|
CENTRO |
HORARIO |
|
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL |
Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
|
HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI DE LUGO |
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas (horario de verán) |
|
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE |
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas (horario de verán) |
|
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA |
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas (horario de verán) |
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás15.00 horas |
Doar é moi sinxelo e seguro
Ados informa que pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos, e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.