Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Mandín, que afectou ao Parque do Xurés
O lume iniciouse ás 21,21 horas de onte e afectou finalmente unha superficie de 0,13 hectáreas de monte raso
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa que un conato de incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Mandín, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 10,40 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 21,21 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 0,13 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 4 brigadas e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.