A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta mañá aos nenos participantes na iniciativa
A Xunta destaca a colaboración cos concellos para facilitar a conciliación a través de actividades como os campamentos de verán de San Xoán de Río
O Goberno galego financia con 7,4 millóns de euros programas que favorecen o benestar das familias e a igualdade
San Xoán do Río (Ourense), 25 de agosto de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta mañá un dos campamentos organizados polo Concello de San Xoán do Río para facilitar a conciliación familiar. Esta actividade enmárcase no programa Río Concilia, apoiado pola Xunta de Galicia a través do Plan Corresponsables.
Eloína Ingerto estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Miguel Pérez, quen a recibiu na Casa do Concello. Durante a súa visita, a directora xeral destacou a importancia da colaboración entre o Executivo galego e os gobernos municipais para levar a cabo iniciativas que favorezan a compatibilidade da vida familiar e laboral, como os campamentos de verano, os programas de madrugadores ou as actividades culturais.
Os proxectos do Plan Corresponsables son, incidiu Eloína Ingerto, unha mostra máis do compromiso do Goberno galego co benestar das familias e coa igualdade. Neste sentido, lembrou que a Xunta destina este ano un total de 7,4 millóns de euros ao desenvolvemento de iniciativas de conciliación en toda Galicia no marco deste plan, que está cofinanciado polo Ministerio de Igualdade.