Lorenzana e o alcalde de Coristanco abordan os avances do parque empresarial deste municipio

Santiago de Compostela, 25  de agosto de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, abordaron hoxe en Santiago os avances que se están acometendo para desenvolver a primeira fase do parque empresarial deste municipio coruñés.

Na reunión, Lorenzana explicou que o Consello da Xunta aprobou definitivamente en febreiro o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (Peose) do futuro polígono de Coristanco, que permitirá dotar ao concello con máis de 173.100 m2 de solo empresarial cun investimento que supera os 12 millóns de euros. Nesta liña, a conselleira lembrou que a previsión da Xunta é licitar as obras no ano 2027 para poder comezar coa súa execución canto antes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/08/2026