A delegada territorial da Xunta participa en Ferrol nos actos conmemorativos polo día de San Ramón

Ferrol, 31 de agosto de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nos actos conmemorativos polo día de San Ramón que cada ano celebra o Concello de Ferrol en honor do marqués de Amboaxe na praza homónima.

A xornada contou cun concerto da Banda Municipal de música, que precedeu á tradicional ofrenda floral ao pé da estatua do marqués. Con anterioridade, Aneiros asistiu na Concatedral de San Xiao á misa organizada pola Fundación Benéfica Ramón Plá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/08/2026