A Xunta anima no Grove a confiar no comercio local co gallo do arranque do novo curso escolar

O Grove (Pontevedra), 31 de agosto de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á presentación da campaña Volta ao Cole no Grove, impulsada pola Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (Emgrobes) e apoiada pola Xunta. Alí, destacou a importancia de impulsar iniciativas coma esta que apostan por dar pulo ao comercio local en momentos clave do ano como o comezo do curso escolar.

A campaña —que arrancará mañá e se prolongará deica o 14 de setembro— suporá a repartición entre a clientela do Centro Comercial Aberto de Tendas de invitacións para unha festa final que terá lugar na praza do Corgo e onde se sortearán 150 euros en vales de compra para gastar en establecementos participantes. Alén aproveitou para recordar que as axudas a centros comerciais abertos das que foi beneficiaria Emgrobes para levar a cabo esta iniciativa beneficiaron un total de 18 CCA na provincia da Coruña este ano, cun montante total próximo aos 733.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/08/2026