A Xunta apoia o labor de integración de Aspnais na presentación da carreira solidaria Holi Run

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o labor da entidade, á que a Xunta achega este ano máis de 2,7 millóns de euros

Lugo, 2 de setembro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá na presentación da carreira solidaria Holi Run organizada pola Asociación de Padres o Representantes legales de Personas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais).

A cita, que terá lugar o vindeiro 12 de setembro, é unha das actividades que desenvolve a entidade no marco do seu labor de Integrar social, educativa e laboralmente as persoas con algún tipo de discapacidade intelectual. Un traballo que Begoña Abeijón puxo en valor, destacando que os programas e servizos da asociación melloran a calidade de vida dos usuarios e das súas familias.

A directora xeral lembrou que a Xunta leva anos apoiando a actividade de Aspnais, á que este ano achega máis de 2,7 millóns de euros para o financiamento de 153 prazas de atención diúrna e residencial da entidade. A esta cantidade engádense outras liñas de axudas como as que se destinan con cargo ao 0,7 % do IRPF ou un convenio de 50.000 euros para a compra de equipamento tecnolóxico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/09/2026