A Xunta apoia na Coruña o comercio e a artesanía no marco do ‘Día das Familias do Parque de Eirís’

A Coruña, 5 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a feira de comercio e artesanía organizada pola Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos (Acoem) no marco do Día das Familias do Parque de Eirís. Unha iniciativa apoiada pola Xunta.

O director xeral destacou o potencial dinamizador da cita pola súa ampla programación durante toda a fin de semana, coa feira de comercio e artesanía aberta de 11,00 a 20,00 horas tanto hoxe coma o domingo. A maiores, o parque de Eirís acolle na duodécima edición do evento propostas que combinan o fútbol, a música en directo, actividades infantís ou a acción solidaria.

Data de actualización: 05/09/2026