Martina Aneiros asiste ao acto militar de toma de posesión do Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada
2026-09-07
/documents/35297/2281134/ActoTomaPosesionGEPROAR+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 7 de setembro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe ao acto militar celebrado na Estación Naval da Graña con motivo da toma de posesión do Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada, D. Adolfo Morales Trueba.
O acto contou coa presenza de diferentes autoridades civís e militares. Morales Trueba comeza esta nova etapa na cidade tras unha importante traxectoria nas Forzas Armadas, na que destaca o seu labor como director da Escola de Infantería de Marina General Albacete y Fuster, en Cartaxena.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/09/2026