Ana Ortiz dá a benvida á viguesa Aldara Vázquez como nova directora da AECT Galicia-Norte de Portugal
2026-09-08
/documents/35297/2281137/20260908+AECT_02.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 7 de setembro de 2026
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantiveron este martes un encontro coa viguesa Aldara Vázquez, nova directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A representante autonómica e a deputada deron a benvida tras o seu recente nomeamento e analizaron as liñas de traballo e os obxectivos do organismo nos próximos meses. Na xuntanza tamén estivo presente o director da parte portuguesa e vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-Norte), Beraldino Pinto.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 08/09/2026