A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Frades

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

Neste encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron posibles actuacións de humanización de infraestruturas neste municipio coruñés.

A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2026