A Xunta apoia o Torneo Pontevedra Internacional Júnior U14, que reunirá do 14 ao 19 de setembro promesas do tenis de diferentes países

Pontevedra, 10 de setembro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu hoxe á presentación do IV Torneo Pontevedra Internacional Open U14, cita integrada no circuíto Tennis Europe Junior Tour que reunirá do 14 ao 19 de setembro promesas júnior do tenis de distintos países nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra, na Caeira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2026