Villaverde analiza coas Confrarías de Ribeira e Aguiño distintas accións para impulsar as súas actividades

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse cos patróns maiores da Confraría de Ribeira, José Antonio Pérez, e da Confraría de Aguiño, José Antonio Santamaría, así como co xerente da Lonxa de Ribeira. A xuntanza serviu para avaliar a situación da frota local e coordinar liñas de acción conxuntas encamiñadas a fortalecer o tecido extractivo e comercializador da comarca do Barbanza.

Durante o encontro, as partes analizaron posibles medidas e investimentos destinados a potenciar a actividade pesqueira e marisqueira e mellorar a comercialización en primeira venda. Villaverde trasladoulles a vontade da Xunta de colaborar estreitamente con ambos os pósitos e cos xestores da lonxa na optimización de procesos, chegar a novos mercados e no valor engadido das capturas para mellorar a rendibilidade da actividade pesqueira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2026