A Xunta salientou nas Xornadas Agasede o modelo de coidados Galicia Calidade como un referente na atencións aos maiores

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, salientou esta mañá o modelo de coidados Galicia Calidade como un referente na atención as persoas maiores. Fíxoo nas V Xornadas da Asociación Galega de Entidades de Servizos Sociais e Dependencia (Agasede), nas que participou na mesa redonda inaugural.

Na súa intervención, confirmou o compromiso da Xunta de seguir avanzando cara a un modelo de atención centrado nas persoas e destacou a vontade do Goberno galego de manter a colaboración coas entidades que traballan no coidado aos maiores e as persoas en situación de dependencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2026