A Xunta destaca o éxito das I Olimpiadas de Envellecemento Activo e Saudable que reuniron máis dun cento de participantes
O Goberno galego felicitou á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía polo seu compromiso cos maiores e a promoción da súa autonomía
Chantada (Lugo), 19 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, trasladou a felicitación da Xunta de Galicia á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía polo éxito das I Olimpíadas de Envellecemento Activo e Saudable que se celebran en Chantada e que contan cun cento de participantes.
O Goberno galego destaca a boa acollida destas probas e agradece aos participantes o seu entusiasmo e esforzo por demostrar que a idade non é ningunha barreira á hora de desfrutar. Por iso mesmo, a Xunta colabora con iniciativas coma estas olimpíadas que son esenciais para rachar cos estigmas do idadismo e fomentar a participación social dos maiores.
Ademais, estas probas enmárcanse dentro do modelo de coidados que defende o modelo galego e que busca fomentar o envellecemento activo entre os maiores como eixo principal para combater o deterioro cognitivo e retrasar as situacións de dependencia. Por iso mesmo, o Goberno autonómico impulsa programas específicos como Benestar en Balnearios, Xuntos polo Nadal ou o Carné +65.