Activo un incendio forestal no concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra

O lume iniciouse ás 04,19 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello pontevedrés da Lama. parroquia de Escuadra. O lume iniciouse ás 04,19 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 19/09/2026