A Xunta proporciona atención ás mulleres a través do CIM móbil na Universidade de Vigo
2026-09-21
/documents/35297/2298434/20260921+CIM+UVigo_01.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 21 de setembro de 2026
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Centro de Información á Muller (CIM) instalado ás portas da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. A representante autonómica destacou que os CIM móbiles consolídanse como esenciais para asesorar e acompañar as residentes en puntos da comunidade que non dispoñen de recursos fixos deseñados para esta fin. Así queda reflectido no feito de que que a maioría dos concellos nos que estiveron presentes solicitaron novas visitas despois da primeira. Deste modo, este recurso realizou 390 visitas aos distintos municipios participantes no programa.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 21/09/2026