A Consellería de Facenda avalía coa fundación INADE a evolución da xestión do risco no sector empresarial galego

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantivo esta mañá un encontro coa xunta directiva da Fundación INADE, co obxectivo de avaliar os resultados do estudio elaborado por esta organización sobre a evolución da xestión do risco no sector empresarial galego.

Esta reunión enmárcase destro do proxecto ERM2026 desta fundación, que procura informar ás institucións e organizacións empresariais de Galicia sobre a situación da xestión do risco no tecido produtivo da Comunidade, así como iniciativas para corrixir esta situación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2026