A Xunta participa na xuntanza anual das residencias de Acolle e pon en valor o traballo da entidade

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este mediodía na xuntanza anual das residencias da Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social (Acolle) que se celebrou en Santiago. A iniciativa reúne a máis dun cento de maiores e traballadores destes centros, nunha xornada de actividades lúdicas e que sirve de punto de encontro para os usuarios de toda Galicia.

Antón Acevedo trasladou os parabéns do Executivo galego a Acolle por todo o traballo que desenvolven diariamente e pola celebración con éxito dunha nova xuntanza que demostra o compromiso da entidade cos maiores, coa súa participación social e co envellecemento activo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2026