Unha enfermeira do CHOP condecorada pola Administración Penitenciaria pola súa implicación coa saúde dos internos

O delegado territorial, acompañado polo xerente da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés e polo director xeral de Emerxencias e Interior, asistiu ao acto de celebración da festividade da Virxe da Mercé, no Centro Penitenciario da Lama

Fernández destacou a necesidade de manter unha boa colaboración entre institucións

A Lama (Pontevedra), 24 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, asistiu hoxe ao no Centro Penitenciario da Lama con motivo do acto de entrega de condecoracións da Administración Penitenciaria con motivo da festividade da Virxe da Mercé, patroa das institucións penitenciarias. No acto recoñeceuse o labor e a dedicación de profesionais vinculados ao ámbito penitenciario, así como a súa contribución ao funcionamento destes servizos públicos.

Pablo Fernández estivo acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, e polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, nunha xornada na que se puxo en valor o traballo desenvolvido polos profesionais que, desde diferentes ámbitos, colaboran coa Administración Penitenciaria.

Entre as persoas condecoradas atopouse Ana Muñoz Ortiz, enfermeira do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), recoñecida pola súa especial implicación na coordinación entre os servizos sanitarios do centro penitenciario e os servizos hospitalarios da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de recoñecementos, que serven para poñer en valor o compromiso, a profesionalidade e a colaboración entre os distintos servizos públicos. Neste sentido, salientou especialmente o labor dos profesionais sanitarios que contribúen a garantir unha atención coordinada e de calidade ás persoas internas nos centros penitenciarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2026