O delegado da Xunta recibe aos peregrinos do grupo ‘Compostela’ que realizaron o Camiño Francés para visibilizar a ELA

Lugo, 25 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, recibiu hoxe na Delegación Territorial a representantes do grupo CompostELA, que acaba de percorrer o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago co fin de visibilizar a ELA e reclamar máis recursos e atención.

Villares felicitou ao colectivo por poñer un ano máis en marcha esta peregrinación, que reuniu a un grupo dunhas 70 persoas formado por pacientes, familiares, coidadores e voluntarios.

O delegado subliñou que a Xunta segue a traballar para mellorar a calidade de vida e a atención ás persoas enfermas de ELA. Destacou que a Administración autonómica é pioneira en impulsar unha orde de axudas de 12.000 euros anuais para contribuír a sufragar os elevados custos desta doenza. A convocatoria deste ano xa se publicou e as achegas aínda están en prazo de solicitude ata o 3 de novembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2026