Activo un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta ao parque do Xurés
O lume iniciouse ás 21,10 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 0,2 hectáreas
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa que está activo, desde as 21,10 horas de hoxe, un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume afecta unha superficie de 0,2 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 3 brigadas e 3 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.