A Xunta sitúa o almacenamento enerxético como peza fundamental na descarbonización da economía galega

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado da directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou esta mañá na Cidade da Cultura na inauguración dunha nova edición dos Energy Days. Alí asegurou que un dos grandes retos aos que se enfronta a sociedade actual é “converter o almacenamento nunha peza fundamental da nova arquitectura enerxética”.

“A transición enerxética – dixo Fernández Vila - debe ser unha transición ordenada, realista e xusta. Un proceso que permita avanzar cara a un modelo máis descarbonizado sen comprometer a competitividade das empresas, o emprego industrial nin o benestar da cidadanía”. E para alcanzar este obxectivo, o director xeral indicou a necesidade de avanzar en solucións que permitan xestionar mellor a produción e a demanda, incrementar a flexibilidade do sistema e aproveitar ao máximo os recursos renovables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/09/2026