A Xunta intensificará durante a tarde de hoxe e o sábado os traballos de reforzo de firme na AC-550, ao seu paso polo concello de Muros
Levarase a cabo de xeito excepcional durante a fin de semana o estendido de microaglomerado en frío ao longo de 7 quilómetros desta vía para aproveitar as condicións climatolóxicas axeitadas para este tipo de traballos
Segundo a programación inicial, o horario destes traballos serán hoxe venres, de 13:00 h a 20:00 h; e mañá, sábado 3, de 9:00 h a 19:00 h
Esta obra forma parte das intervencións que a Xunta está a levar a cabo en outras sete estradas autonómicas, no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte, licitadas por un investimento que rolda os 3,5M€.
En concreto este contrato permite actuar na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas
O departamento que dirixe María M. Allegue mantén a súa aposta pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a intensificar hoxe, e durante a xornada de mañá, os traballos de reforzo de firme que se están a executar na estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Muros.
Levarase a cabo, de xeito excepcional e durante esta fin de semana, o estendido de microaglomerado en frío ao longo de 7 quilómetros desta vía para aproveitar as condicións climatolóxicas axeitadas para este tipo de traballos. En concreto intervirase no treito da AC-550,), entre os puntos quilométricos 43+000 e 50+000-
Segundo a programación inicial, o horario destes traballos serán hoxe venres, de 13:00 h a 20:00 h; e mañá, sábado 3, de 9:00 h a 19:00 h (ou finalizar os traballos).
Durante a execución das obras, tomaranse as medidas oportunas para garantir en todo momento a fluidez do tráfico e a seguridade viaria
Esta obra forma parte das intervencións que a Xunta está a levar a cabo en outras sete estradas autonómicas, no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte, licitadas por un investimento que rolda os 3,5M€.
O obxectivo da Xunta é levar a cabo o reforzo do firme para o mantemento e conservación de distintos treitos da vía de altas prestacións VG.-1.4 (Cee-Sardiñeiro), así como nas estradas AC-404 (Santa Comba-Baio), AC-429 (Ponteceso-Laxe), AC-440 (Berdoias-Muxía), AC-444 (Negreira-Ponte Failde), AC-546 (Negreira- A Pereira), AC-550 (Cee-Ribeira) e a AC-552 (A Coruña-Cee).
As intervencións obxecto deste contrato nestas vías, coinciden cos seus percorridos polos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
A través destas obras mellóranse as características funcionais das estradas da titularidade da Xunta e reforzase a seguridade viaria en distintos treitos desta vías. As obras contan cun prazo de execución estimado de seis meses.
O departamento que dirixe María M. Allegue segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria.